Últimas novidades!
Luces da Costa da Morte
Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. É un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias.
María Casares. A impaciencia por vivir
Este libro permítenos coñecer a vida de María Casares. Aclamada e admirada como actriz en Francia, sobrepúxose ás adversidades que lle tocou vivir na súa vida persoal até chegar a converterse nunha icona mundial da interpretación e unha auténtica diva no senso máis amplo da palabra.
A estrambótica volta ao mundo en 80 días
Pinto & Chinto convídannos a acompañar ao cabaleiro inglés Phileas Fogg e a Paspartú, o seu criado, nunha viaxe contra o reloxo. Agarrádevos ben ás súas páxinas e preparádevos para unha viaxe ao redor do mundo.
Unha mestra en apuros 3
Esta profe segue a contarnos as mil e unha ocorrencias dos seus alumnos, cuxa enerxía e picardía para a diversión desarman a calquera. Todo lles vale para librarse da merenda que non lles gusta ou escamotear os seus xoguetes favoritos. Unha vez máis, a realidade supera á ficción.
Sherlock Holmes para pequenos detectives. O vampiro de Sussex. O signo dos catro.
Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Coñece o método dedutivo da man de Holmes e Watson.
