Leo con Leo, leo con Lía

Leo con Leo, leo con Lía está pensado para iniciar os nenos e as nenas no seu interese pola lectura en galego, levado a cabo polas familias ou por outros colectivos, sen deixar de lado a expresión artística, ben como reforzo ou pasatempo.

Neste primeiro caderno, dedicado ás sílabas directas, a rapazada coñecerá a Leo e a Lía, e comezarán a apaixonante viaxe da lectura acompañados pola súa historia e as actividades artísticas e colectivas que se propoñen nel.

18,50

Disponible para reserva

  • Idioma
EAN: N/D Categorías: , , , ,

Detalles del Libro

Autora

Concha Blanco

Ilustradora

Ruth Ouviña

Páxinas

112

Dimensións

24x17cm

Encadernación

Rústica

Idioma

Galego

ISBN

978-84-10049-25-3

IBIC

CJB

Sobre el Autor

Concha Blanco

Concha Blanco

Concha Blanco Blanco (Lires, Cee - A Coruña, 1950)
Exerceu de mestra en varias localidades da Costa da Morte, rematando a súa etapa en activo como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES “Agra de Raíces” de Cee.
Comezou a súa andaina literaria na década dos 80 con títulos dirixidos para o mundo infantil nunha época difícil para a nosa lingua. Agora supera o medio cento de volumes de seu dirixidos tamén ao mundo xuvenil e adulto e outros tantos traballos en obra colectiva. Da súa autoría temos libros de poesía, teatro, contos, novelas, álbums ilustrados, libros de texto, unidades didácticas, traducións ... Foi premiada en diferentes certames coma o Arume de Poesía, o Pura e Dora Vázquez, o Premio Lecturas, o de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, o Frei Martín Sarmiento e finalista do Barco de Vapor, Lazarillo e Merlín entre outros.
Entre os seus títulos están Tita, Feminino singular en plural, Nano, Eu tamén fun pequena, Coa carauta posta, (...)

Ruth Ouviña

Ruth Ouviña

Ruth Ouviña Naceu na Coruña en 2002, mostrando interese polo mundo das artes dende sempre. Tras realizar o bacharelato artístico, ingresou na EASD Pablo Picasso da Coruña para estudar o Ciclo Superior de Ilustración, titulando no curso 2021/22, e cursou Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Gráfico na mesma escola. Compaxina a súa formación con impartir clases de debuxo e pintura a nenos. Gústalle a fotografía, e intégraa a miúdo nas súas ilustracións, tanto mediante tratamento dixital como tradicional. Tamén gusta da poesía, de escoitar música e de pasar tempo cos seus seres queridos. Namorada da súa cidade natal, un dos seus grandes amores é o mar, ao que recorre como fonte de inspiración e de acougo.
‘A luz nos teus ollos’ é o seu primeiro proxecto como profesional da ilustración.

Leo con Leo, leo con Lía é o xeito máis divertido para aprender a ler. As unidades didácticas deseñadas por Concha Blanco son a mellor ferramenta para iniciarse no mundo da lectura.