Isadora Moon vai á escola

Isadora leva unha vida plena e atarefada na súa casa en compañía de Coelliño Rosa. Dende o seu dormitorio na torre máis alta pode ver toda a cidade e saír a voar entre a lúa e as estrelas, pero un día os seus pais opinan que xa ten a idade necesaria para ir á escola. Isadora esforzarase por comportarse coma unha fada completa e ser todo o que os vampiros agardan dela e todo iso sen deixar de ser ela mesma. Cal será a escola axeitada para ela?
Harriet Muncaster crea unha personaxe irreverente, divertida e un chisco aloucada que representa á perfección as dúbidas, problemas e desafíos aos que se enfrontan as cativas ao longo da súa infancia. Isadora Moon non é fada nin vampira, pero iso non é un problema para ela, é xusto iso o que a fai especial e única.

 

Información de contacto editorial de seguridad GPSR

11,95

Disponible para reserva

  • Idioma

Detalles del Libro

Autora

Harriet Muncaster

Ilustracións

Harriet Muncaster

Tradución

Xosé Duncan

Idioma

Galego

Páxinas

128

Medidas

14x20cm

Encadernación

Rústica con purpurina

ISBN

978-84-10049-33-8

Colección

Isadora Moon

IBIC

YFA

Idade

A partir de 7 anos

Sobre el Autor

Harriet Muncaster

Harriet Muncaster

Harriet Muncaster é a creadora das series infantís Isadora Moon, Mirabella e Esmeralda e a xuvenil Victoria Stitch. Isadora Moonfoi traducida a trinta e oito idiomas, agora en galego, e vendeu máis de seis millóns de copias en todo o mundo. Harriet naceu en 1988 en Arabia Saudí. Despois de que a súa familia regresase a Inglaterra, estudou ilustración na Escola Universitaria de Arte de Norwich e cursou o Máster en Ilustración Infantil na Universidade Anglia Ruskin en 2012, durante o cal foi recomendada ao Premio MacMillan polo seu traballo de fin de grao. Publicou o seu primeiro libro en 2014 e gañou con el o premio Blue Hen Book. En 2016 publicou o primeiro título da serie Isadora Moon.

Isadora Moon é medio fada e medio vampira, é mística e máxica, pero, cando os seus pais deciden que xa é hora de que vaia á escola, non sabe onde encaixará mellor. Debería ir á escola de fadas ou á de vampiros?