Ilustrador
Fernando Mircala. Artista madrileño, procedente do deseño industrial e de interiores, a principios dos 90 dá un
xiro á súa traxectoria profesional desenvolvendo unha fecunda e orixinal obra, un mundo romántico, goticista
con historias orixinais e coloristas dun lirismo dramático que entronca cos seus admirados Poe, Tim Burton ou
as películas clásicas da Hammer. Premio Lazarillo no ano 2000, Mircala é un artista total, é escritor e tradutor,
ilustrador, fotógrafo, e a súa peculiar técnica de traballo consiste na confección volumétrica de cadros-diorama
realizados con cartolina e papeis de Belas Artes, estampados, artesanais e texturizados que lle permiten dar
vida e volume ao inanimado. Todo iso permitiulle ter unha ampla traxectoria de exposicións e publicacións. En
Bululú publicou en 2013 “Pánico no Bosque dos Corazóns Murchos” e en 2019 “Versos para musas y cuatro
cuentos de Edgar Allan Poe” que agora ve a luz en galego con tradución dende o orixinal.
Tradutora
Maruxa Zaera. Desde 2006 en que obtén a licenciatura en tradución e interpretación pola universidade de
Vigo, desenvolve o labor de tradutora autónoma desde distintos idiomas ao galego para editoriais de primeiro
nivel do noso país. Traducir a Poe ao galego foi, ata a data, un dos seus maiores retos como tradutora editorial.
Versos para Musas (galego)
Unha das escasas traducións ao galego de catro dos contos máis clásicos dun clásico da literatura universal e, por vez primeira, unha completa e coidada escolma da súa poesía romántica.
Dous artistas unidos a través do espazo e do tempo neste libro; co amor, a ausencia e a morte como nexo e razón para que Fernando Mircala seleccione e ilustre unha vintena de versos e algúns contos de Edgar Allan Poe.
Annabel Lee, Helen, Marie Louise Shew… son versos sobre mulleres ausentes, sobre musas, que mostran non só a profunda dor do seu autor pola perda, senón a súa visión romántica da muller e o amor.
Se Poe non existise habería que inventalo para que Mircala nos puidese ofrecer este libro
16,50€
Detalles del Libro
Ilustracións | Fernando Mircala |
---|---|
Texto | Edgar Allan Poe |
Tradución | Maruxa Zaera |
Idioma | Galego |
Páxinas | 80 |
Medidas | 21x28cm |
Encadernación | Rústica con bordos redondeados |
ISBN | 978-84-18667-10-7 |
Idade | A partir de 15 anos |
Sobre el Autor

Fernando Mircala
Artista madrileño, procedente del diseño industrial
y de interiores, a inicios de los 90 da un giro a su trayectoria profesional desarrollando una fecunda y original obra, un mundo melancólico y gótico con historias originales y coloridas de un lirismo dramático que lo entronca con su admirado Tim Burton, Poe o las películas clásicas de la Hammer.
Premio Lazarillo en el año 2000, Mircala es un artista completo, es escritor y traductor, ilustrador, fotógrafo, y su peculiar técnica de trabajo consiste en la confección volumétrica de cuadros-diorama realizados con cartulina y papeles de Bellas Artes, estampados, artesanales y texturizados que dan vida y volumen a lo inanimado. Todo esto le permitió tener una amplia trayectoria de exposiciones y publicaciones.