A idade da ira

Marcos non é o alumno que saca as mellores notas, pero é o máis popular do seu instituto, o líder entre os seus compañeiros e o obxecto de desexo das súas compañeiras. Un domingo calquera, sen motivo aparente, asasina ao seu pai e deixa ferido de gravidade a un dos seus irmáns. Que levou a este adolescente a cometer un acto tan violento? Que se agocha tras ese estoupido de ira? Un pai demasiado severo? Docentes sen motivación? Fracaso escolar? Unha sociedade demasiado esixente? A electrizante investigación deste caso leva a un periodista a descubrirnos un mundo adolescente descarnado e sen tópicos.

19,50

  • Idioma

Detalles del Libro

Colección

A mirada do funámbulo

Autor

Nando López

Tradutor

Xosé Duncan

Páxinas

356

Medidas

14x21cms

Encadernación

Rústica con solapas

Idioma

Galego

ISBN

978-84-10049-14-7

Sobre el Autor

Nando López

Nando López

É novelista, dramaturgo e doutor en Filoloxía Hispánica. En 2010 foi finalista do Premio Nadal con La edad de la ira, un long-seller convertido en serie televisiva de éxito internacional —Francia, Italia, Bélxica, Grecia...— co que iniciou unha sólida traxectoria narrativa na que figuran Los elegidos, Presente imperfecto, Cuando todo era fácil, El sonido de los cuerpos o Hasta nunca, Peter Pan.
Galardoado co Premio Arcoíris 2023 polo Ministerio de Igualdade, o Premio Triángulo Cultura 2022 e o Premio Gran Angular 202 por La versión de Eric, é tamén un recoñecido autor de libros xuvenís como Las durmientes, Cuál es la lucha, Algo más que sexo o El río de las primeras veces, entre outros.
Como dramaturgo foi finalista en tres ocasións nos Premios Max e as súas obras teatrais estreáronse en numerosos países. Ademais, abordou a creación audiovisual como guionista e produtor executivo en Red Flags, serie baseada nunha idea orixinal súa.

Unha historia coral, con múltiples voces e testemuños, que non por acontecer nun lugar tan coñecido para todo o mundo, un centro escolar, deixa de sorprendernos e abraiarnos.

«Unha inmersión despoxada de tópicos no mundo da adolescencia», eldiario.es

«Cada novela de Nando López supón un agasallo para tantos e tantos adolescentes que precisan simplemente diso: referentes», El Heraldo de Aragón

«A idade da ira é xa un clásico da literatura xuvenil», TVE