Libraría

Situada no centro de A Coruña, na rúa Real, Bululú Libros é unha acolledora libraría que busca amosar nos seus andeis o mellor das editoriais do noso país.

Os nosos fondos, tanto en galego como en castelán, nútrense de case todas as temáticas e formatos, aínda que a presenza e selección do libro infantil e do álbum ilustrado é un dos nosos referentes.

Ao fronte da libraría está un equipo de xente entusiasta dos libros que poderán orientarte na escolla dun título ou axudarte na procura dese libro que levas tempo buscando.

Se gustas dos libros tanto coma nós, non dubides en facernos unha visita. Tamén realizamos actividades e faladoiros. Estamos seguros de que repetirás.

Enderezo:
Rúa Real 9, 15003 A Coruña

Correo electrónico:
bulululibros@editorialbululu.com

Teléfono:
(+34) 881 887 939