Ruth Ouviña Naceu na Coruña en 2002, mostrando interese polo mundo das artes dende sempre. Tras realizar o bacharelato artístico, ingresou na EASD Pablo Picasso da Coruña para estudar o Ciclo Superior de Ilustración, titulando no curso 2021/22, e cursou Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Gráfico na mesma escola. Compaxina a súa formación con impartir clases de debuxo e pintura a nenos. Gústalle a fotografía, e intégraa a miúdo nas súas ilustracións, tanto mediante tratamento dixital como tradicional. Tamén gusta da poesía, de escoitar música e de pasar tempo cos seus seres queridos. Namorada da súa cidade natal, un dos seus grandes amores é o mar, ao que recorre como fonte de inspiración e de acougo.
‘A luz nos teus ollos’ é o seu primeiro proxecto como profesional da ilustración.