Unha aventura trepidante coa amizade e a valentía como protagonistas
A luz nos teus ollos
No planeta Vilar non hai luz, todo é negro. Cristal e Carbón deciden que as cousas non teñen por que seguir sendo así só porque sempre foron dese xeito. Os dous xemelgos inician unha viaxe por todo o planeta, empregando o seu enxeño, tacto, ouvido e olfacto para superar os perigos que se cruzan no seu camiño na procura da Luz.
Regatos, bosques, montañas, desertos e unha chea de amigos formarán parte da travesía destes dous irmáns que, sen recuar ante ningún monstro ou ameaza, loitarán por conseguir o don da vista para os habitantes do seu planeta.
13,00€
Detalles del Libro
Autor | Álex Mene |
---|---|
Ilustracións | Ruth Ouviña |
Idioma | Galego |
Páxinas | 84 |
Medidas | 13x21cm |
Encadernación | Rústica con solapas |
ISBN | 978-84-18667-48-0 |
Colección | Muíño do Vento |
Sobre el Autor
Álex Mene
Naceu en Vigo no ano 1969. É Doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión.
Despois de ter traballado en diferentes países, atopou o seu lugar no mundo nas Rías Baixas galegas. Traballa de profesor de instituto no bacharelato artístico musical impartindo as materias de Cultura Audiovisual e Fundamentos da Arte e, durante anos, colaborou no suplemento cultural do xornal “O Correo Galego.” Gústalle a fotografía, a literatura, a ciencia, ir ao cine e ao teatro, facer deporte, escoitar música, viaxar e a boa mesa.
En 2018 publicou o álbum ilustrado “A raíña das tortas” na colección Verdemar da editorial Alvarellos. Con “Indómita e a semente da inmortalidade” gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento.”
Ruth Ouviña
Ruth Ouviña Naceu na Coruña en 2002, mostrando interese polo mundo das artes dende sempre. Tras realizar o bacharelato artístico, ingresou na EASD Pablo Picasso da Coruña para estudar o Ciclo Superior de Ilustración, titulando no curso 2021/22, e cursou Ensinanzas Artísticas Superiores de Deseño Gráfico na mesma escola. Compaxina a súa formación con impartir clases de debuxo e pintura a nenos. Gústalle a fotografía, e intégraa a miúdo nas súas ilustracións, tanto mediante tratamento dixital como tradicional. Tamén gusta da poesía, de escoitar música e de pasar tempo cos seus seres queridos. Namorada da súa cidade natal, un dos seus grandes amores é o mar, ao que recorre como fonte de inspiración e de acougo.
‘A luz nos teus ollos’ é o seu primeiro proxecto como profesional da ilustración.