Guy Edmonds e Matt Zeremes son escritores, directores e actores gañadores do premio Emmy. Crearon, escribiron, dirixiron e actuaron na súa primeira serie infantil para televisión HARDBALL, da que se emitiron vinte e tres episodios durante dúas tempadas. A súa primeira serie de libros para nenos ZOO CREW publicouse en 2021 e fai gala da diversión e a imaxinación pola que Guy e Matt son coñecidos.
Cando eran estudantes, Guy era campión de escalada, tocaba o clarinete e o seu batido favorito era o de lima. Matt era campión de fútbol, gustaba de coleccionar cromos e almorzaba lasaña. Soñan con poñer algún día liteiras no seu despacho para poder tomar sestas despois do xantar.