Diarios Zombi 2 – Ao feito, uuubre!

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todo o mundo anda bruando e babando por todas partes! E resulta que atopar unha cura para devolver as VACAS ZOMBIS á normalidade non é tan doado como parecía. Aínda así, os meus amigos e mais eu non perdemos a esperanza! Estamos seguros de que o meu can, Oso, e a súa baba superespecial son a clave para arranxar esta lea…

Crucemos os dedos!

14,90

  • Idioma
EAN: N/D Categorías: , , , ,

Detalles del Libro

Autor

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Ilustracións

Jake A. Minton

Tradución

Xosé Duncan

Idioma

Galego

Páxinas

256

Medidas

13x21cm

Encadernación

Rústica con cantos redondeados

ISBN

978-84-10049-00-0

Colección

Diarios Zombi

IBIC

YFD

Sobre el Autor

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Guy Edmonds e Matt Zeremes son escritores, directores e actores gañadores do premio Emmy. Crearon, escribiron, dirixiron e actuaron na súa primeira serie infantil para televisión HARDBALL, da que se emitiron vinte e tres episodios durante dúas tempadas. A súa primeira serie de libros para nenos ZOO CREW publicouse en 2021 e fai gala da diversión e a imaxinación pola que Guy e Matt son coñecidos.
Cando eran estudantes, Guy era campión de escalada, tocaba o clarinete e o seu batido favorito era o de lima. Matt era campión de fútbol, gustaba de coleccionar cromos e almorzaba lasaña. Soñan con poñer algún día liteiras no seu despacho para poder tomar sestas despois do xantar.

Segunda entrega da divertidísima serie Diarios Zombi!. O dúo de autores Guy Edmonds e Matt Zeremes faranvos vivir unha frenética aventura chea de vacas, explosións, lambetadas, babas, peidos e espaguetes.