Diarios Zombi 1 – Vacapocalipse!

Ola! Son Jimmy e estou vivindo unha APOCALIPSE ZOMBI totalmente estraña! Todos os adultos da miña cidade de Vilacú convertéronse en zombis, pero non os zombis carnívoros como os que ves nas películas devorando cerebros. Estes zombis son VACAS! Literalmente! Todo o mundo anda bruando e babando por aí adiante sen control ningún! E se a súa baba chega a ti… Non queiras nin imaxinar o que é vivir coma a protagonista dun Tetra Brik de leite!
Tolo, eh? Afortunadamente, os meus amigos e mais eu temos un plan para atopar unha cura.

14,90

  • Idioma
EAN: N/D Categorías: , , , ,

Detalles del Libro

Autor

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Ilustracións

Jake A. Minton

Tradución

Iago Nicolás

Idioma

Galego

Páxinas

256

Medidas

13x21cm

Encadernación

Rústica con cantos redondeados

ISBN

978-84-18667-84-8

Colección

Diarios Zombi

IBIC

YFD

Sobre el Autor

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Guy Edmonds / Matt Zeremes

Guy Edmonds e Matt Zeremes son escritores, directores e actores gañadores do premio Emmy. Crearon, escribiron, dirixiron e actuaron na súa primeira serie infantil para televisión HARDBALL, da que se emitiron vinte e tres episodios durante dúas tempadas. A súa primeira serie de libros para nenos ZOO CREW publicouse en 2021 e fai gala da diversión e a imaxinación pola que Guy e Matt son coñecidos.
Cando eran estudantes, Guy era campión de escalada, tocaba o clarinete e o seu batido favorito era o de lima. Matt era campión de fútbol, gustaba de coleccionar cromos e almorzaba lasaña. Soñan con poñer algún día liteiras no seu despacho para poder tomar sestas despois do xantar.

Non perdades a ocasión de mergullarvos nesta divertidísima serie de comedia de zombis. O dúo de autores Guy Edmonds e Matt Zeremes faranvos vivir unha frenética aventura chea de vacas, explosións, lambetadas, babas, peidos e espaguetes.