TRAZO ATLÁNTICO. A Coruña en 12 postais

Sirva esta serie de fotografías como tributo a unha cidade mergullada no océano, a unha costa infinita cuxo trazo está aliñado cos astros de tal xeito que, nalgúns puntos, permite gozar do amencer e do solpor no mesmo día e sen moverse do sitio. Aínda así, este libro é un convite a camiñar e intercambiar experiencias porque esta é unha cidade perfecta para paseala e vivila. Iso é o que quixemos condensar nestas doce imaxes, a diversidade e variedade de lugares que un camiñante podería visitar nun paseo dunha xornada. Vivencias que, grazas ao formato de postais, temos a posibilidade de compartir cos nosos seres queridos, mantendo con nós o nome do destinatario e mais un pequeno texto. Monumentos, arquitectura, natureza, tesouros gastronómicos, tranquilos momentos de lecer e noites de celebración. Todo iso é o que esta proa atlántica pode ofrecer a quen queira gozar dela.

18,00

  • Idioma

Detalles del Libro

Fotografías

Xosé Duncan

Textos

Xosé Duncan

Idioma

Galego

Encadernación

Tapa branda

Medidas

14 x 20 cms

Páxinas

56

ISBN

978-84-10049-08-6

IBIC

AJC

Sobre el Autor

Xosé Duncan.

Xosé Duncan.

Xosé Duncan naceu hai máis de medio século nunha pequena aldea das Rías Baixas chamada Taragoña. Pasou practicamente toda a súa vida na Coruña e leva dez anos sacando fotos a diario de todo canto chama a súa atención. A súa serie 'Cumios da cidade' estivo exposta na Casa Museo de María Pita e nela fixouse nos tellados e siluetas de edificios emblemáticos, modernistas e modernos, procurando por un punto de vista e de fuga diferente de localizacións comúns. Formou parte durante un tempo do colectivo fotográfico 'Ollo Atlántico' e nos últimos tres anos colaborou coas súas fotografías en iniciativas culturais e solidarias da cidade.

Estamos ante un obxecto cheo difícil de definir. É un libro, un compendio de fotografías, de textos e de postais. Podemos gozar del no seu conxunto, gardalo ou agasallalo, pero tamén desmontalo e enviar as postais, conservando a un tempo a foto e o nome da persoa escollida para recibila.

Aínda que, por riba de todo o anterior, é o resultado de gozar dunha cidade atlántica, dun asentamento histórico que, co paso dos séculos, se converteu nunha urbe moderna sen perder a luz que alumeou as noites das súas costas.