Con A Inquilina do Veo chegamos ao oitavo título de Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Grazas á súa narrativa áxil e ás rechamantes ilustracións axudará a consolidar o amor pola lectura dos máis novos. Ademais, as didácticas aclaracións sobre termos e obxectos propios da Inglaterra da época achegaraos á literatura clásica de detectives.
Sherlock Holmes – A inquilina do veo
“Hai sete anos, un horrible incidente tivo lugar na vila de Abbas Parva. O Sr. Ronder, propietario do Ronder’s WILD ANIMAL SHOW, atopou o seu final tras o ATAQUE dun león fuxido.”
Holmes enfronta un vello misterio cando o convidan a visitar unha dama que se nega a amosar o seu rostro. Un aterrecedor crime cometido sete anos atrás con terribles consecuencias, e é misión de Holmes salvar a inquilina do veo da súa propia conciencia.
14,00€
Detalles del Libro
Autor | Stephanie Baudet |
---|---|
Ilustracións | Arianna Bellucci |
Tradución | Maruxa Zaera |
Idioma | Galego |
Páxinas | 100 |
Medidas | 13x21cm |
Encadernación | Rústica con solapas |
ISBN | 978-84-18667-94-7 |
Colección | Sherlock Holmes para pequenos detectives |
IBIC | YFA |
Sobre el Autor
Sir Arthur Conan Doyle
Sir Arthur Conan Doyle fue un médico que, a finales del siglo XIX, comenzó a escribir las primeras novelas de Sherlock Holmes en los huecos que sus pacientes le dejaban en su consulta de Southsea. Poco sabía este doctor inglés que su personaje cobraría vida en cuatro novelas y cincuenta y seis relatos. Desde su creación, este sagaz detective ha sido llevado al celuloide en más de una veintena de películas y ha protagonizado series de televisión, obras teatrales, películas de animación y cómics. Perderíamos la pista de cuántas ediciones se han hecho de sus historias y del número de lectores que hemos disfrutado con ellas.