O home do puzzle

Esta historia de reminiscencias kafkianas xira ao redor dun puzzle incompleto, dunha peza perdida. Un Home recluído no seu mundo particular verase obrigado a abandonar a súa rutina para loitar contra o progreso industrial. Unha Secretaria que aproveitará a oportunidade que o destino lle brinda para facer xustiza. E a Fábrica, programada e automatizada para producir os mellores produtos sen precisar de xente que traballe nela. Ao final, todas elas son as pezas que faltan para completar o noso Puzzle.

19,50

  • Idioma

Detalles del Libro

Colección

A mirada do funámbulo

Autora

Fausta Cardoso Pereira

Páxinas

204

Medidas

14x21cms

Encadernación

Rústica con solapas

Idioma

Galego

ISBN

978-84-18667-97-8

Sobre el Autor

Fausta Cardoso Pereira

Fausta Cardoso Pereira

É autora da obra Dormir com Lisboa, premiada co
Premio Antón Risco en 2017. Mais alén de O Home do puzzle, é tamén autora do libro de viaxes Bom Caminho. É exploradora da National Geographic
Society e xestora de proxectos de impacto social desde o ano 2000. Co seu traballo internacional, en campos de refuxiados en países africanos de fala portuguesa, desenvolveu proxectos que combinan a narración de historias coas linguaxes artísticas, como forma de mellorar procesos de ensino, promover a participación das comunidades e o diálogo intercultural. Ten proxectos premiados en Portugal, España, Chile e Italia. É presidenta de Hirundo, Asociación para o Pensamento Crítico, Cultura e Desenvolvemento.

Por primeira vez traducida ao galego, Fausta Cardoso móstrase coma unha narradora maxistral, capaz de construír tramas ao redor de estereotipos aos que dá vida e voz propia, creando personaxes globais á vez que particulares.