¡¡Incúe lámina para enmarcar!!
Contido
O Principiño de Antoine de Saint Exupéry permite á recoñecida e multipremiada parella
Pinto & Chinto achegar aos máis pequenos (e aos seus maiores) este título clásico desde unha
visión chispeante, amena e divertida. Unha maneira perfecta de atraer posteriores lecturas ao
orixinal. Unha revisión desenfadada, respectuosa e pensada para facer visible a todos a gran
literatura, o patrimonio literario sobre o que se cimentan os grandes lectores e, por que non,
os grandes autores do futuro.
Características desta edición
Cúmprense 75 anos da publicación por primeira vez de “O Principiño” e por iso quixemos facer
esta edición especial conmemorativa, incluíndo unha ilustración (impresión offset) impresa en
papel de alta calidade e grosor (Lessebo Design 1.3 150g) lista para enmarcar. Unha pequena
homenaxe ao libro traducido a máis idiomas despois da Biblia.