A ilustradora, Bea Gregores, emprega o seu persoal estilo baseado na utilización de técnicas tradicionais que combinan debuxo e cores acrílicos de gran forza inspirados en fotos, edificios e novas da época para complementar á perfección os textos de María Canosa e amosarnos os ambientes, a familia, os espazos escénicos e todo aquilo que foi fundamental na vida desta gran pintora.
Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha artista única.