Un obxecto con múltiples usos. Agasallalo completo ou por partes, gozar dos seus versos e ilustracións ou enviar as imaxes dos faros da Costa da Morte dunha punta a outra do mundo. Cada faro conta con dous elementos: a tarxeta postal por unha banda e, pola outra, un poema no que, ademais, poderemos anotar a persoa á que lle enviamos a postal. Sexa cal sexa a finalidade que lle deamos, é un auténtico tesouro que nos fará sentir o amor que o artista profesa polo mar, por ese universo que non podemos deixar morrer.
Unha exquisita xoia para conservar e compartir.