ACEIRO. Ferrolterra en 12 postais

O funcionamento desta obra baséase en tres fíos condutores:

O visual. Os guindastres como símbolo perfecto dun mundo que non se entendería sen a actividade naval como protagonista e, á vez, como testemuñas mudas da evolución, os cambios, as loitas diarias e as grandes esperanzas desta urbe e a súa bisbarra.

O textual. A significación deste territorio para as persoas que o habitan, o gozan e o levan impreso no seu ADN sentimental.

O físico. Une os dous anteriores, mais obriga a tomar decisións ao seu propietario xa que temos 12 postais en soporte perdurable e coleccionable, que podemos conservar, ou ben extraer e enviar a quen desexemos. Se decidimos desprendernos e compartir as imaxes, reservamos nas páxinas dos doce textos un espazo para anotar e conservar o nome da persoa á que enviamos os nosos mellores desexos.

Que o goces, e o compartas!

18,00

  • Idioma

Detalles del Libro

Fotografías

José Pardo

Textos

V.V.A.A.

Idioma

Galego

Encadernación

Tapa dura

Medidas

14 x 20 cms

Páxinas

56

ISBN

978-84-18667-92-3

IBIC

AJC

Sobre el Autor

José Pardo

José Pardo

Tras rematar os seus estudos de Imaxe e Son en 1992, colabora con “Diario 16 de Galicia”. Posteriormente, traballa como fotoxornalista de “La Voz de Galicia” dende o ano 1993 até hoxe.

Outras publicacións con Zaera Silvar / Editorial Bululú:

- “A Magdalena. Vista por José Pardo” (2010)

- “Embarcacións Tradicionais Galicia. Pasado e presente” (2013)

Estamos ante un artefacto difícil de definir. É un libro, un compendio de fotografías, de textos e de postais. Podemos gozar del no seu conxunto, gardalo ou agasallalo, pero tamén podemos desmontalo e enviar as postais, conservando a un tempo a foto e o nome da persoa destinataria da nosa postal. Polo tanto, cumpre múltiples propósitos nun único obxecto de 56 páxinas e 12 postais.

Aínda que, por riba de todo o anterior, é algo íntimo e emotivo, é a mirada das súas xentes á bisbarra que os viu nacer.