Xosé Duncan naceu hai máis de medio século nunha pequena aldea das Rías Baixas chamada Taragoña. Mudouse á Coruña antes de comezar a escola e a súa infancia e adolescencia estiveron cheas de cómics, música rock e novelas de terror. Sempre tivo inquedanzas artísticas e probou fortuna, sen atopala, na ilustración e na música. Encheu centos de follas de garabatos debuxados con bolis Bic e berreou agarrado a un micrófono durante uns cantos anos. Comezou a escribir por mero instinto de réplica, tentando emular os seus heroes románticos, e coa intención, inútil, de rexistrar os seus pesadelos nunhas páxinas cheas de palabras.
Informático de formación e editor de profesión, emprega o seu tempo de ocio en aprender a tocar o baixo e en sacar fotos de todo canto chama a súa atención.
Na súa travesía literaria navegou pola triloxía de fantasía épica As Crónicas de Bran, polo terror de Hostal Norte, pola distopía de Negruña e polo realismo máxico de As lembranzas perdidas no lago Antelväri, Mnemea e O derradeiro decembro infinito.
___________________________________________

Xosé Duncan nació hace más de medio siglo en una pequeña aldea de las Rías Baixas llamada Taragoña. Se mudó a A Coruña antes de empezar el colegio y su infancia y adolescencia estuvieron llenas de cómics, música rock y novelas de terror. Siempre tuvo inquietudes artísticas y probó fortuna, sin encontrarla, en la ilustración y en la música. Llenó cientos de hojas con garabatos dibujados con bolis Bic y berreó agarrado a un micrófono durante unos cuantos años. Comenzó a escribir por mero instinto de réplica, intentado emular a sus héroes románticos, y con la intención, inútil, de registrar sus pesadillas en páginas llenas de palabras.
Informático de formación y editor de profesión, emplea su tiempo de ocio en aprender a tocar el bajo y en sacar fotos de todo cuanto le llama la atención.
En su travesía literaria navegó por la trilogía de fantasía épica As Crónicas de Bran, por el terror de Hostal Norte, por la distopía de Negruña y por el realismo mágico de As lembranzas perdidas no lago Antelväri, Mnemea y O derradeiro decembro infinito.