É novelista, dramaturgo e doutor en Filoloxía Hispánica. En 2010 foi finalista do Premio Nadal con La edad de la ira, un long-seller convertido en serie televisiva de éxito internacional —Francia, Italia, Bélxica, Grecia…— co que iniciou unha sólida traxectoria narrativa na que figuran Los elegidos, Presente imperfecto, Cuando todo era fácil, El sonido de los cuerpos o Hasta nunca, Peter Pan.
Galardoado co Premio Arcoíris 2023 polo Ministerio de Igualdade, o Premio Triángulo Cultura 2022 e o Premio Gran Angular 202 por La versión de Eric, é tamén un recoñecido autor de libros xuvenís como Las durmientes, Cuál es la lucha, Algo más que sexo o El río de las primeras veces, entre outros.
Como dramaturgo foi finalista en tres ocasións nos Premios Max e as súas obras teatrais estreáronse en numerosos países. Ademais, abordou a creación audiovisual como guionista e produtor executivo en Red Flags, serie baseada nunha idea orixinal súa.