Harriet Muncaster é a creadora das series infantís Isadora Moon, Mirabella e Esmeralda e a xuvenil Victoria Stitch. Isadora Moonfoi traducida a trinta e oito idiomas, agora en galego, e vendeu máis de seis millóns de copias en todo o mundo. Harriet naceu en 1988 en Arabia Saudí. Despois de que a súa familia regresase a Inglaterra, estudou ilustración na Escola Universitaria de Arte de Norwich e cursou o Máster en Ilustración Infantil na Universidade Anglia Ruskin en 2012, durante o cal foi recomendada ao Premio MacMillan polo seu traballo de fin de grao. Publicou o seu primeiro libro en 2014 e gañou con el o premio Blue Hen Book. En 2016 publicou o primeiro título da serie Isadora Moon.