É autora da obra Dormir com Lisboa, premiada co
Premio Antón Risco en 2017. Mais alén de O Home do puzzle, é tamén autora do libro de viaxes Bom Caminho. É exploradora da National Geographic
Society e xestora de proxectos de impacto social desde o ano 2000. Co seu traballo internacional, en campos de refuxiados en países africanos de fala portuguesa, desenvolveu proxectos que combinan a narración de historias coas linguaxes artísticas, como forma de mellorar procesos de ensino, promover a participación das comunidades e o diálogo intercultural. Ten proxectos premiados en Portugal, España, Chile e Italia. É presidenta de Hirundo, Asociación para o Pensamento Crítico, Cultura e Desenvolvemento.