Concha Blanco Blanco (Lires, Cee – A Coruña, 1950)
Exerceu de mestra en varias localidades da Costa da Morte, rematando a súa etapa en activo como profesora de Lingua e Literatura Galega no IES “Agra de Raíces” de Cee.
Comezou a súa andaina literaria na década dos 80 con títulos dirixidos para o mundo infantil nunha época difícil para a nosa lingua. Agora supera o medio cento de volumes de seu dirixidos tamén ao mundo xuvenil e adulto e outros tantos traballos en obra colectiva. Da súa autoría temos libros de poesía, teatro, contos, novelas, álbums ilustrados, libros de texto, unidades didácticas, traducións … Foi premiada en diferentes certames coma o Arume de Poesía, o Pura e Dora Vázquez, o Premio Lecturas, o de Novela por Entregas de La Voz de Galicia, o Frei Martín Sarmiento e finalista do Barco de Vapor, Lazarillo e Merlín entre outros.
Entre os seus títulos están Tita, Feminino singular en plural, Nano, Eu tamén fun pequena, Coa carauta posta, (…)