WOMANHAUS. Historia ilustrada das artistas da Bauhaus

Unha escola que, nos seus menos de vinte anos de existencia, conseguiu marcar un antes e un despois en todas as disciplinas da arte: arquitectura, pintura, escultura, deseño de mobles, xoias, roupa… influíndo a xeracións de profesionais de todo o mundo e dos máis diversos campos relacionados coa creatividade. No entanto, tivo que facer fronte á crúa realidade e á oposición dunha sociedade que, malia que moi aberta na teoría, opúxose ao ver aquelas ideas levadas á práctica.

Seleccionado para The BRAW Amazing Bookshelf – Bologna Ragazzi Award 2023
“…é, ademais dun fermoso acto de xustiza, un traballo documental magnífico e clarísimo […] un libro necesario que debe estar nos centros educativos.”
Héctor Porto. ‘La Voz de Galicia’

19,00

  • Idioma

Detalles del Libro

Colección

Estudos ilustrados

Autor

Dakota Hernández

Páxinas

152

Medidas

17x24cms

Encadernación

Rústica con solapas

Idioma

Galego

ISBN

978-84-18667-78-7

Sobre el Autor

Dakota Hernández

Dakota Hernández

Es el pseudónimo de Miriam García, ilustradora y diseñadora gráfica valenciana.
Sus ilustraciones se han centrado en la naturaleza y en la figura femenina. Womanhaus es su primer trabajo editorial y, como no podía ser de otra forma, las mujeres son las absolutas protagonistas de esta crónica de uno de los mayores proyectos artísticos de la historia moderna.

Esta é a historia dunha escola que se propuxera ser o xerme dun novo mundo, dun xeito diferente de entender e aplicar a arte as nosas vidas. Pero, sobre todo, é a crónica das mulleres da Bauhaus, fundamentais para alentar o ímpeto revolucionario co que naceu e a intensidade duns ideais que eran rompedores para a época.

Se alguén sufriu en maior medida o menosprezo dos seus conxéneres e os prexuízos do fracaso, foron as mulleres artistas que encheron coa súa vitalidade e talento a escola.

Como en todas as historias, hai partes que chegaron aos nosos días e outras que se ocultaron. Neste libro tentamos dar conta de todas elas e destacar aquelas protagonistas que quedaran relegadas a un anonimato forzoso. Womanhaus é a nosa homenaxe a elas.