Aos arredores de Malvadia existe un inquietante bosque onde habitan as Criaturas Pánicas. Estrañas, horrendas pero inofensivas criaturas que endexamais durmen e, capitaneados polo violinista Fastío, asustan os días de todos os habitantes da aldea, menos dun, Bladis, unha nova e fermosa pianista que axudará a Fastío e os Pánicos a cambiar as súas vidas.
“Este libro está destinado a entreter e agradar a todos sen distinción de idade, e a excitar os resortes da imaxinación mediante o uso da fantasía.” APreséntanos así o seu autor esta historia que ve a luz por primeira vez sendo, non obstante, unha das primeiras obras do recoñecido autor e ilustrador Jack Mircala. Trátase dun álbum debuxado integramente a rotring, faceta, quizais menos coñecida deste artista, na que amosa o seu característico estilo e sensibilidade, tanto no debuxo coma no argumento e desenrolo da historia.