Nación Mar (galego)

Nación Mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia. As súas fermosas evolucións ilustradas transmítennos perfectamente a beleza deste fascinante universo, a simbiose entre os seus moradores e o valor dos coñecementos nados da experiencia, ás veces tráxica, sempre esforzada, convertida nun tesouro transmitido a través de xeracións.

» DESCARGA A FICHA DIDÁCTICA DE ‘NACIÓN MAR’ «

21,00

  • Idioma

Detalles del Libro

Texto

Xosé Iglesias

Ilustracións

Xosé Iglesias

Idioma

Galego

Encadernación

Tapa dura

Medidas

24,5 x 16,5 cms

Páxinas

80

ISBN

978-84-18667-01-5

Sobre el Autor

Xosé Iglesias

Xosé Iglesias

(Cée, Costa da Morte 1974) É un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó, e toda unha vida tendo o océano como base principal do seu traballo.
Que había debuxado na parte final dos cadernos do colexio deste home dende que ten uso de razón? Barcos e máis barcos. Quizais ese estaleiro da Sicar no mesmo pobo de Cée onde construían mercantes de cabotaxe, e onde varaban a reparar pesqueiros de distintos portos galegos, foi o detonante para que esas formas, esas fasquías, voasen pola súa imaxinación.
Nunca pensou que todos aqueles esbozos de navíos en distintas posicións e perspectivas, xunto coas acuarelas Jovi, fosen neste tempo futuro o argumento para a creación dun álbum ilustrado como o Nación Mar.
Despois de publicar dous poemarios mariñeiro–atlánticos como Transfusión Oceánica e A Relixión do Mar está na fase de aprender como o vello Gepetto a darlle vida a pequenos anacos de madeira. E a outros poemarios e outras metamorfoses que están por vir.
Sempre co mar por diante, para dignificar a súa profesión, os seus lobos de mar, e sobre todo os seus deuses-barco.

Os pobos do mar, todos, sen distinción, son un na súa diversidade cando se enfrontan ao entorno que lles trae a vida e, en moitas ocasións, a morte.
Os seres mariños poden ser cazadores ou presas, e as dúas cousas ao mesmo tempo. Sempre misteriosos, como o mundo que habitan. As sabias culturas ancestrais nunca os esquecen e por iso nas súas narracións anímannos a coñecelos, respectalos e mesmo imitalos para alcanzar o éxito na eterna loita pola supervivencia.