Luces da Costa da Morte

Unha colección de postais de faros con poemas do mar ou viceversa? O que tes nas mans é moito máis. É un artefacto poético e visual que emerxeu das augas da Costa da Morte, onde vive o seu autor, o artista oceánico Xosé Iglesias. Páxina a páxina, funde o misterio máxico da fin do mundo coa beleza directa e salvaxe do mar. Combina, así, a súa paixón pola poesía, pola pintura e por ese universo mergullado que navega a diario, por ese mundo feito de sal, vento e sol, e habitado polas súas criaturas icónicas: baleas, candorcas, delfíns…

16,00

  • Idioma

Detalles del Libro

Poemas

Xosé Iglesias

Ilustracións

Xosé Iglesias

Idioma

Galego

Encadernación

Tapa dura

Medidas

15 x 18 cms

Páxinas

56

ISBN

978-84-18667-42-8

IBIC

DCF

Sobre el Autor

Xosé Iglesias

Xosé Iglesias

(Cée, Costa da Morte 1974) É un patrón de pesca da Galiza. Coas raíces ben chantadas na tradición ancestral do oficio de mariñeiro, herdado do seu bisavó, e toda unha vida tendo o océano como base principal do seu traballo.
Que había debuxado na parte final dos cadernos do colexio deste home dende que ten uso de razón? Barcos e máis barcos. Quizais ese estaleiro da Sicar no mesmo pobo de Cée onde construían mercantes de cabotaxe, e onde varaban a reparar pesqueiros de distintos portos galegos, foi o detonante para que esas formas, esas fasquías, voasen pola súa imaxinación.
Nunca pensou que todos aqueles esbozos de navíos en distintas posicións e perspectivas, xunto coas acuarelas Jovi, fosen neste tempo futuro o argumento para a creación dun álbum ilustrado como o Nación Mar.
Despois de publicar dous poemarios mariñeiro–atlánticos como Transfusión Oceánica e A Relixión do Mar está na fase de aprender como o vello Gepetto a darlle vida a pequenos anacos de madeira. E a outros poemarios e outras metamorfoses que están por vir.
Sempre co mar por diante, para dignificar a súa profesión, os seus lobos de mar, e sobre todo os seus deuses-barco.

Un obxecto con múltiples usos. Agasallalo completo ou por partes, gozar dos seus versos e ilustracións ou enviar as imaxes dos faros da Costa da Morte dunha punta a outra do mundo. Cada faro conta con dous elementos: a tarxeta postal por unha banda e, pola outra, un poema no que, ademais, poderemos anotar a persoa á que lle enviamos a postal. Sexa cal sexa a finalidade que lle deamos, é un auténtico tesouro que nos fará sentir o amor que o artista profesa polo mar, por ese universo que non podemos deixar morrer.

Unha exquisita xoia para conservar e compartir.