Este é un libro de valores, dos valores que as experiencias e ensinanzas da infancia imprimen en nós para acompañarnos toda a vida. Así nolo mostra o protagonista neste diario que iniciou con desgana e hoxe, cando o repasa, comprende que «nun feixe de páxinas en branco cabe todo o universo«.
Apreciar os tesouros próximos e cotiáns, o verdadeiro significado da valentía, a recompensa de compartir… son os valores que o noso protagonista nos lembra cunha entrañable mestura de ironía e melancolía