A estraña visita

Atentos a esta visita terrorífica e para rir sen parar ao mesmo tempo, grazas á fusión do texto e as simpáticas imaxes que fascinará por igual aos que aínda non len, aos que están a empezar e aos que buscan ler en boa compaña historias de humor arrepiante..

15,50

  • Idioma
EAN: N/D Categorías: , , , ,

Detalles del Libro

Texto

Gracia Iglesias

Ilustracións

Vicente Cruz

Páxinas

48

Medidas

22,5 x 22,5 cms

Encadernación

Tapa dura

Idioma

Galego

ISBN

978-84-18667-02-2

Sobre el Autor

Gracia Iglesias

Gracia Iglesias

(Madrid, 1977) é unha poeta, escritora de literatura infantil e artista de performance. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid onde se graduou no ano 2000 con Premio Extraordinario. É unha prolífica autora de álbums ilustrados.

Vicente Cruz

Vicente Cruz

(Alacante, 1974) Actualmente, combina o seu traballo no Gabinete de Imaxe e Comunicación Gráfica da Universidade de Alacante co de editor independente. Sempre estivo vinculado ao mundo da imaxe e do debuxo, ilustrando para editoriais e prensa, decorando paredes con murais, realizando curtametraxes ou deseñando xoguetes para Famosa. Ten varios álbums ilustrados publicados.

Inspirada nun conto tradicional escocés, é unha historia terroríficamente divertida, chea de sorpresas nunha noite escura de raios e tormenta na que…

“Unha velliña que soa estaba
sempre desexaba ter compaña
e todas as noites, moi triste e rechumida,
sentaba a fiar, agardando visita.
Ela fiaba e fiaba e agardaba e agardaba,
pero a visita non chegaba.”

Así comeza este divertido conto rimado, no medio do bosque e cun monstro ás portas. Unha historia acumulativa de misterio, moito suspense e terror!… Estrañas amizades, cun sorprendente final.