A estraña sorpresa

Había unha vez unha velliña
que todas as noites tiña visita.
Pero aquela noite, á hora acordada,
chegou o visitante e… non atopou nada!
A candea apagada, a roca baleira
e na randeeira ninguén se arrandeaba.

15,50

  • Idioma
EAN: N/D Categorías: , , , ,

Detalles del Libro

Texto

Gracia Iglesias

Ilustracións

Vicente Cruz

Páxinas

38

Medidas

22,5 x 22,5 cms

Encadernación

Tapa dura

Idioma

Galego

ISBN

978-84-18667-24-4

Sobre el Autor

Gracia Iglesias

Gracia Iglesias

(Madrid, 1977) é unha poeta, escritora de literatura infantil e artista de performance. Licenciada en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid onde se graduou no ano 2000 con Premio Extraordinario. É unha prolífica autora de álbums ilustrados.

Vicente Cruz

Vicente Cruz

(Alacante, 1974) Actualmente, combina o seu traballo no Gabinete de Imaxe e Comunicación Gráfica da Universidade de Alacante co de editor independente. Sempre estivo vinculado ao mundo da imaxe e do debuxo, ilustrando para editoriais e prensa, decorando paredes con murais, realizando curtametraxes ou deseñando xoguetes para Famosa. Ten varios álbums ilustrados publicados.

Por fin temos entre as mans a continuación da terrorífica e, á vez, hilarante historia da nosa velliña favorita. Mais, nesta ocasión, será o seu visitante quen padecerá as sorpresas dunha noite escura e chea de sobresaltos.

Ouveos fóra da casa…
Pegadas de lama…
Chíos agudos…
Pratos rotos…

Que estraña sorpresa agarda ao noso visitante?