Últimas novidades!

Grandes cidades, pequenos viaxeiros. NOVA YORK

Cruzarías a ponte de Brooklyn para ir comer unha enorme porción de pizza ou admirarías as impresionantes luces de Times Square? Con Grandes Cidades, Pequenos viaxeiros: Nova York podes crear o teu propio itinerario elixindo a onde queres ir ao final de cada páxina.

Diferentes Diferenzas

A diferenza como elemento enriquecedor, divertido e dinamizador. Os protagonistas deste libro son diversos e diferentes. Amósannos que empregan as súas características particulares para gozar dunha vida plena e chea de amigos e aventuras.

Sherlock Holmes para pequenos detectives. ESTUDO EN ESCARLATA. O CARBÚNCULO AZUL.

Sherlock Holmes para pequenos detectives, unha colección amena e divertida cos mellores casos do detective máis famoso de todos os tempos. Coñece o método dedutivo da man de Holmes e Watson.

Nación Mar

Nación mar é un berro de vida, unha chamada de atención sobre un ecosistema que loita por sobrevivir sen perder a súa esencia.

Emilia Pardo Bazán. Unha mente poderosa

Unha biografía ilustrada perfecta para todo aquel que busque descubrir as principais facetas dunha autora singular da que o 12 de maio de 2021 se cumpre o centenario da súa morte.