Eva Agra naceu en Santiago de Compostela en 1990. É ilustradora, muralista e educadora artística. Valores como a igualdade de xénero, a xustiza social e o coidado nos procesos definen a súa liña de traballo e os seus trazos. É socia fundadora de 7H Cooperativa Cultural e forma parte de iniciativas colectivas profesionais como a AGPI.